Tras a publicación das listaxes definitivas de persoas seleccionadas, excluídas e en lista de espera, ábrese un prazo de dez días hábiles (do 21 de abril ao 5 de maio) para a presentación do escrito de aceptación ou renuncia.
Para público en xeral
Dende o 21/04/2025 ata o 05/05/2025
Xa rematou
O Concello da coruña publicou, o día 16 de abril de 2025, as listaxes definitivas de persoas seleccionadas, excluídas e en lista de espera no programa de .. Bolsas Norteamérica 2025-2026
Iníciase así un prazo de 10 días hábiles (do 21 de abril ao 5 de maio, ambos os incluídos), para que as persoas seleccionadas presenten o escrito de aceptación, que deberá ser asinado por ambos os proxenitores ou titores legais e comunicada por escrito ao Servizo Municipal de Educación, a través dos rexistros municipais ou en calquera das dependencias ás que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. No caso de transcorrer o devandito prazo sen que se produza tal comunicación, entenderase que se renuncia á participación no programa.
No caso de que se presente a documentación a través dalgún rexistro non municipal deberase remitir copia escaneada da mesma (con selo do rexistro de entrada) por correo electrónico á seguinte dirección do SME dentro do prazo de aceptación: educación@coruna.gal
Actividades relacionadas
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible