Tras a publicación das listaxes definitivas de persoas seleccionadas, excluídas e en lista de espera, ábrese un prazo de dez días hábiles (do 23 de febreiro ao 6 de marzo) para a presentación do modelo de aceptación ou renuncia.
Para público en xeral
Dende o 23/02/2026 ata o 06/03/2026
O Concello da coruña publicou, o día 20 de febreiro de 2025, as listaxes definitivas de persoas seleccionadas, excluídas e en lista de espera no programa de .. Bolsas Norteamérica 2026-27
Iníciase así un prazo de 10 días hábiles (do 23 de febreiro ao 6 de marzo, ambos os días incluídos), para que as persoas seleccionadas presenten o escrito de aceptación, que deberá ser asinado por ambos os proxenitores ou titores legais e comunicado por escrito ao Servizo Municipal de Educación, a través dos rexistros municipais ou en calquera das dependencias ás que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. No caso de transcorrer o devandito prazo sen que se produza tal comunicación, entenderase que se renuncia á participación no programa.
No caso de que se presente a documentación a través dalgún rexistro non municipal deberase remitir copia escaneada da mesma (con selo do rexistro de entrada) por correo electrónico á seguinte dirección do SME, dentro do prazo de aceptación: educación@coruna.gal
Actividades relacionadas

25/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible