Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A entrada é nominal. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.
No momento da compra das entradas débese indicar o nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte) das persoas que vaian asistir tal e como figuran nos seus DNI.
Para poder acceder ao Coliseum, o/a titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI xunto coa súa entrada.
No caso de que o/a titular da compra das entradas non dispoña de todos os datos para identificar as persoas acompañantes deberá indicar os seus propios nas entradas destinadas aos/ás ditos/as acompañantes, e estará obrigado/a a asistir ao evento. Durante o acceso ao Coliseum todas/os elas/eles deberanse identificar como integrantes do mesmo grupo.
Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.
A fama de Camilo só é comparable ao seu talento. O artista de Medellín, Colombia, converteuse, en apenas un lustro, nun dos grandes nomes da música a nivel mundial. Desde a súa irrupción en 2019, Camilo conseguiu conquistar a millóns de fans ao redor de todo o globo. O seu estilo, a medio camiño entre o pop e o xénero urbano, no que predomina unha visión artística afastada dos motivos convencionais do urbano latino, unha capacidade asombrosa de conectar co público e unha versatilidade única.
Estas calidades fixéronlle, ata este ano, levar para a casa sete premios Latin Grammy de entre dezaoito nomeamentos. Na última edición, recibiu o Latin Grammy a Mellor Videoclip Longo. Entre outros premios, Camilo tamén conquistou Norteamérica, e atesoura dous nomeamentos aos premios Grammy.
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible