O intérprete, compositor, músico e produtor colombiano, gañador do Latin Grammy 2020 e nomeado ao Grammy americano 2021 actuará na Coruña o próximo mes de xullo.
Para público en xeral
21/07/2022
Xa rematou
22.00 h - Apertura de portas: 20:30 h
Front of Stage: 90,00 €
Pista (de pé): 68,00 €
Tendido Baixo (sentado numerado): 58,00 €
Tendido Medio (sentado numerado): 48,00 €
Tendido Alto (sentado numerado): 38,00 €
O intérprete, compositor, músico e produtor é un referente internacional que conta con máis de cinco billóns de reproducións en todas as plataformas dixitais arredor do mundo.
Dotado cunha impecable habilidade de composición e unha sensibilidade intuitiva, Camilo conquistou a industria musical, a crítica e o público de varias xeracións, que o converteu no artista latino con maior número de seguidores en TikTok: 21,6 millóns.
Ademais, escribiu temas para estrelas musicais como Becky G & Natti Natasha, Bomba Estéreo Mau & Ricky & Karol G, Sebastian Yatra & Mau & Ricky, así como para Bad Bunny, entre moitos outros.
Desde o seu debut en 2019, o de Medellín tocou os corazóns de millóns de persoas con cancións pegadizas e retrousos que transmiten boas vibracións, incluídos nos seus dous discos de estudio. Proba diso son os hits 'Tutu', 'Vida de rico', 'No te vayas', 'Bebé', 'Ropa cara' ou 'KSI'.
Tras namorar ao mundo con 'Índigo', o artista internacional presentou 'Pesadilla', o segundo single do seu anticipado novo álbum que verá a luz en 2022. 'Pesdilla' naceu da súa fascinación pola sonoridade da raíz mexicana que sempre o inspirou e que formou parte da súa vida, mentres que a súa letra explora o contraste de sentimentos sobre a perda dun amor que só ocorreu nun pesadelo e a celebración que veu ao espertar del.
As entradas sairán á venda o luns 7 de febreiro de 2022 ás 12.00 h
VENDA DE LOCALIDADES
03/05/2024
03/05/2024
05/05/2024
08/05/2024
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible