O mago das frautas e das gaitas celebra os 20 anos do seu primeiro disco "A Irmandade das Estrelas", verdadeira explosión da música celta en España.
Para público en xeral
22/12/2016
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
27'00, 23'00, 19'00, 13'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)
Para festexalo realizará unha xira internacional na que convidará a novos artistas de toda a Península cos que acaba de gravar a nova película de Carlos Saura. Neste concerto especial ofreceranos unha viaxe polo seu universo musical conectando as tradicións celtas de Galicia, Irlanda, Escocia ou Bretaña e incorporando de forma pioneira tradicións musicais de toda a península.
Carlos Núñez está considerado internacionalmente como un músico extraordinario dos máis serios e brillantes do mundo, pero tamén é un Artista con maiúsculas: o seu carisma, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, traspasando con moito os límites habituais dos seus instrumentos. Son moitos os premios e nomeamentos que o avalan: Un Grammy polo disco gravado cos seus mestres The Chieftains; dous nomeamentos aos Grammy Latinos; Premio Ondas ao mellor directo e o Premio da Crítica Alemá, Preis der Deutschen Schallplattenkritik. Nos seus discos participaron Luz Casal, The Waterboys, Jackson Browne, Ry Cooder, Roger Hodgson de Supertramp e compartiu escenario con primerísimas figuras tales como Bob Dylan, Sinèad O'Connor e The Who.
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h
Venda telefónica: 902 044 226

20/12/2025

20/12/2025

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible