Referente indiscutible do jazz moderno, Chick Corea preséntase neste ciclo cunha nova aventura discográfica, The Vigil, que despacha xunto ao saxofonista e frautista Tim Garland, o guitarrista Charles Altura, o contrabaixista Carlitos del Puerto, o batería Marcus Gilmore e Luisito Quintero á percusión.
Para público en xeral
08/11/2015, de 21:00 a 23:00
Xa rematou
21.00 h.
Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña
Zona A: 35,00 €; Zona B: 30,00 €; Zona C1: 25,00 €; Zona C2: 20,00 €.
Armando Anthony Corea é un dos pianistas máis enciclopédicos do jazz. Forxado nos laboratorios musicais de Stan Getz e Miles Davis, entre outros, Corea domina todos os rexistros emocionais e conceptuais do seu instrumento, pasando sen complexos dos sons acústicos aos eléctricos. Fundador do mítico grupo Return to Forever ou Touchstone –onde recrutou aos nosos Jorge Pardo, Carles Benavent ou Rubem Dantas tras a súa saída do mítico sexteto de Paco de Lucía-, non hai moito buscaba o éxito masivo a través da súa Elektric Band, aínda que o tipo o saiba todo das distintas linguaxes máis academizados dentro do xénero, incluído o bebop. Falando de Corea, xa se sabe, a festa está asegurada.
Venda de entradas
Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 h. e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho de billetes Palacio da Ópera: só días de función, de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 h. ao comezo de función.
Sede Afundación: de luns a sábado (inclusive festivos) de 9.00 a 21.00 h.
Televenda: 902 504 500.

16/12/2025

Dende o 14/10/2025 ata o 16/12/2025

17/12/2025

17/12/2025

18/12/2025

18/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible