*As dúas primeiras funcións están AGOTADAS **As entradas da terceira función estarán á venda a partires do 21 de xaneiro De Albert Boronat, Juan Cavestany, Andrés Lima e Juan Mayorga
Para público en xeral
Dende o 28/03/2025 ata o 30/03/2025
20.00 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
240 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
25'00, 20'00, 15'00, 10'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Verán de 1936. As Olimpíadas en Berlín anúncianse para o primeiro día de agosto. As olimpíadas populares en Barcelona, para o 19 de Xullo. Conta a lenda que Joseph Goebbels, ministro de propaganda de Hitler, decide que a música oficial das olimpíadas do terceiro Reich sexa a Novena sinfonía de Ludwig Van Beethoven e o seu "Himno á alegría". Pero Pau Casals, que é o comisario cultural das Olimpíadas Populares en Barcelona, representantes do mundo democrático, monta en cólera e decide que de ningún modo Beethoven será secuestrado polos nazis. A partir dese momento o "Himno á alegría" cantarase na inauguración das Olimpíadas Populares no estadio de Montjuic.
Poucos días antes da inauguración, o xeneral Mola, "o director" do inminente golpe de estado, cursa un telegrama cifrado aos militares que se sublevarán contra a segunda República. O contido en clave di así: "O pasado día 15, ás catro da mañá, Elena deu a luz un fermoso neno". A mensaxe indicaba que a rebelión militar empezaría o 18 de xullo ás cinco da mañá.
Era o principio dun dos episodios máis terribles da historia do noso país.
Con Antonio Durán "Morris", Alba Flores, Natalia Hernández, María Morales, Paco Ochoa, Blanca Portillo, Guillermo Toledo, Juan Vinuesa e o Coro de Jóvenes de Madrid.
Dramaturxia: Albert Boronat e Andrés Lima
Dirección: Andrés Lima
Producción do Centro Dramático Nacional, Check in Producciones e El Terrat coa colaboración de Asuntos Culturales, Teatre L`Artesà e Teatro de La Abadía.
Duración estimada: 4 horas (con dous intermedios de 15')
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h
21/02/2025
Dende o 21/02/2025 ata o 22/02/2025
28/02/2025
08/03/2025
Dende o 07/03/2025 ata o 08/03/2025
08/03/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible