Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: Abre el ojo

De Rojas Zorrilla

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 15/12/2023 ata o 16/12/2023

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21,50 €; 15,00 €; 13,00 €; 9,50 €  (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

Don Clemente vive no medio dun triángulo amoroso sen decidirse entre unha viúva chamada dona Hipólita; unha caseira resentida: dona Beatriz e unha dama sen prexuízos con moita lixeireza social chamada dona Clara, aínda que hai que dicir que esta última atópase nunha situación parecida con tres cabaleiros: o citado galán don Clemente, o falador insoportable Don Julián de la Mata e o rexedor de Almagro don Juan Martínez Caniego que, como se adoita dicir, é "máis bruto ca un arado". Cartilla e Marichispa, os criados, tratarán, cun éxito relativo, que os seus respectivos amos consigan os seus propósitos, pero namentres xérase un divertido enredo de loitas escénicas, amantes escondidos, enganos insólitos e continuas mudanzas ante a insistente persecución da xustiza.

Finalmente o importante é advertir ao espectador que debe "abrir o ollo" para estar atento ante calquera engano por parte dos seus amantes, porque aínda que todo pasa sobre a escena nunca se sabe cando a burla lle pode afectar ao propio espectador...

Con: Rafael Ortíz, Elena Rayos, Alberto Gómez Taboada,  Manu Pico, Jesús Calvo, Celia Pérez, Mar Calvo,  Anna Nácher, Daniel Santos.

Versión e dirección: Eduardo Vasco

Produción de Noviembre Compañía de Teatro

*Venda de entradas soltas a partir do 8 de setembro

Despacho  de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h

Venda en liña

* Programación para persoas adultas, idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión