Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: Adictos

De Daniel Dicenta Herrera e Juanma Gómez

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/12/2023 ata o 22/12/2023

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

80 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21,50 €; 15,00 €; 13,00 €; 9,50 €  (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

Adictos somos todos...

Adictos xorde da necesidade de abordar unha problemática que nos afecta a todos: ata que punto estamos sometidos pola tecnoloxía? Somos realmente libres? Que tipo de sociedade construímos? Que panorama nos plantexa o futuro máis próximo? Realmente merecémos o cualificativo de "seres humanos"?

Estas cuestións, que raramente hoxe se ven expostas porriba dun escenario, deben confrontarse co público contemporáneo. A realidade de Adictos é a da expansión progresiva da desinformación. Unha ficción cuxos personaxes manifestan inquietudes que nos incumben a todos, cuestionando paradigmas que, ata o de agora, asumimos como válidos e certos pero que poida que escondan mentiras, que estean distorsionando as nosas vidas. A transformación do personaxe de Ronsel vén a ser unha metáfora da disposición do ser humano para cambiar de actitude.

Os autores reivindican a través deste texto a capacidade de reacción do ser humano. O punto de rebeldía que sempre é necesario para que as cousas evolucionen cara unha meta mellor, cara o horizonte no que todos poidamos gozar dunha vida tecnoloxicamente sa e socialmente libre. 

Juanma Gómez e Daniel Dicenta Herrera

Con Lola Herrera, Lola Baldrich, Beatriz Bergamin

Dirección: Magüi Mira

Produción Pentación espectáculos

*Venda de entradas soltas a partir do 8 de setembro

Despacho  de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h

Venda en liña

* Programación para persoas adultas, idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión