De Gonçalo Guerreiro
Para público en xeral
Dende o 24/03/2023 ata o 25/03/2023
Xa rematou
20.30 h
70 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14,00 €; 10,00 €; 8,00 €; 6,50 € (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.
ALMA DE TIGRE é unha ensoñación revelada a partir da historia real de dúas irmás e un irmán.
A memoria, os afectos, os conflitos familiares e unha herdanza dan corpo a unha creación orixinal que transita entre as artes visuais, a danza e o cinema mudo.
O absurdo, o ridículo e o poderoso efecto cómico das situacións creadas agochan o fondo tráxico que a realidade humana transporta en si mesma.
ALMA DE TIGRE evoca a historia dunha familia pechada nunha casa misteriosa a través de cuxas fendas se van filtrando os segredos do pasado e dunha herdanza envelenada.
Á morte da nai, o fillo e as dúas fillas reencóntranse na casa familiar para decidir a súa venda e que facer coa herdanza. Mais a casa resístese a deixarse vender.
A través da relación da música co movemento e cos elementos da escenografía, vanse revelando todos os segredos dunha posta en escena que se fundamenta na dinámica plástica da narrativa teatral.
Con María Torres, Julia Laport, Pablo Sánchez e Mario Rodríguez
Creación, escenografía e dirección de escena: Gonçalo Guerreiro
Dirección artística: María Torres e Gonçalo Guerreiro
Produción artística e deseño gráfico: Carolina Díguele
Deseño de iluminación: Nacho Martin
Vestiario: Diego Valeiras
Son: Manuel Fonte
Coreografías: Sabela Domínguez, Gonçalo Guerreiro e Julia Laport
Unha produción de Elefante Elegante
Duración estimada: 70 minutos (sen intermedio)
*Venta de entradas soltas a partir do 10 de xaneiro
Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
* Programación para persoas adultas, idade recomendada a partir de 14 anos
* Unha vez que empece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
30/05/2023
Dende o 26/05/2023 ata o 30/05/2023
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 2 e 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
02/06/2023
02/06/2023
Dende o 03/02/2023 ata o 02/06/2023
03/06/2023
03/06/2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible