De Xose Luis Méndez Ferrín, adaptación de Ánxeles Cuña Bóveda e Fernando Dacosta
Para público en xeral
Dende o 06/10/2023 ata o 07/10/2023
Xa rematou
20.30 h
70 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14,00 €; 10,00 €; 8,00 €; 6,50 € (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.
Unha das obras fundamentais da literatura galega. ARRAIANOS é unha suma de relatos que estremecen e fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria, e a grandeza da alma e da vida. Historias de bruxas, contrabando, caciquismo e agrarismo.
Dunha beleza inmensa e evocadora, Ferrín, consegue reconciliarnos coa maxia da súa delirante maneira de describir o mundo.
É na Raia Seca, mundo mítico, creado polo autor, onde viven personaxes posuídos polo pasado, polas paixóns, polo poder das supersticións e dos mitos. Ao redor dunha icona territorial, o monte Penagache. Na fronteira, liña invisible entre a Galicia interior e o norte de Portugal; onde se funden a realidade e a ficción; a vida e a morte. No límite da fantasía.
Con Fernando Dacosta, Elena Seijo, Vazdim Yukhnevich, Fernando González, Fran Lareu, Sabela Gago e Fina Calleja
Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda
*Venda de entradas soltas a partir do 8 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h
* Programación para persoas adultas. Idade recomendada a partir de 14 anos
* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025

Os días 27/12/2025, 28/12/2025

29/12/2025

Os días 03/01/2026, 04/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible