De David Harrower
Para público en xeral
Dende o 02/03/2018 ata o 03/03/2018
Xa rematou
20.30 h
90 minutos (sen intermedio)
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, ou persoas desempregadas: -20%)
"Blackbird": merlo. "Black", negro, representa a morte, o mal e o descenso á tumba, mentres que "bird", paxaro, simboliza a vida eterna e o ascenso ao ceo. O "blackbird" simboliza a tensión entre a alma e o corpo, o espiritual e o terreal.
En Blackbird, o autor escocés David Harrower, valente e provocador, retorce os límites do amor, sacudindo a nosa conciencia a través dun reencontro que intenta curar unha ferida froito dun amor imposible que aínda hoxe segue aberta.
O conflito trasládase ao patio de butacas, onde as persoas espectadoras, convertidas en xuízas, van recompoñendo a través do diálogo un quebracabezas ao que lle faltan pezas. A audiencia mantense nun intenso debate interno dando bandazos dun lado a outro, reflexionando sobre os límites do amor, cuestionándose o concepto de amor en si mesmo e o papel que nel xogan a sociedade, a familia, a lei e a moral.
"Blackbird que cantas na morte da noite, toma estas ás rotas e aprende a voar. Toda a túa vida estiveches esperando este momento para alzar o voo.
Blackbird que cantas na morte da noite, toma estes ollos afundidos e aprende a mirar. Toda a túa vida estiveches esperando este momento para ser libre".
The Beatles
Con Irene Escolar, José Luis Torrijo
Dirección: Carlota Ferrer
Coprodución de El Pavón Teatro Kamikaze, o XXXIV Festival de Outono a Primavera da Comunidade de Madrid e Calle Cruzada
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226
28/05/2024
Dende o 24/05/2024 ata o 28/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Os días 31/05/2024 á 01:00 , 01/06/2024
04/06/2024
Dende o 31/05/2024 ata o 04/06/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
08/06/2024
18/06/2024
20/06/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible