Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: Carmen, nada de nadie

De Francisco M. Tallón e Miguel Pérez García

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/03/2025 ata o 08/03/2025

Xa rematou

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Pídese puntualidade.

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

A vida de Carmen Díez de Rivera foi tan excepcional que ten paralelismos coas traxedias gregas como Antígona ou Ariadna. Nada nunhas circunstancias familiares rocambolescas, dentro do máis selecto da aristocracia española, renunciou aos privilexios de clase e chegou a alcanzar un posto que ningunha muller desempeñou neste país: xefa do Gabinete da Presidencia do Goberno.

E fíxoo nun dos períodos máis complexos e intensos da historia de España: a transición. Loitou, a miúdo soa, contra todo e contra todos. Posuidora dunha vontade firme, unha mirada intelixente, tivo sempre o propósito de guiar o seu país cara á democracia. A súa forza e valor neste labor público contrastan coa súa tristeza e a súa incapacidade para atopar a paz interior, rota dende a súa adolescencia por un segredo familiar que a atormentaba.

No escenario, Carmen vai debullando os momentos álxidos da súa intensa e desafiante carreira política mentres lembra os episodios íntimos que marcaron a súa desdita e o seu carácter. Pola súa memoria e polos nosos ollos pasarán algunhas das personaxes máis importantes da nosa historia.

Con Beatriz Argüello, Oriol Tarrasón, Ana Fernández e Víctor Massán

Dirección: Fernando Soto

Produción de Teatro Español e Tablas y Más Tablas

Venda de entradas: 

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña

Tamén che pode interesar...

  • Cartaz

    Ciclo Principal: María Callas, Sfogato

    Cando:

    Dende o 07/11/2025 ata o 08/11/2025

  • "Mar, terra e lingua", da Maga Fani

    Cando:

    11/11/2025

    Inscricións:

    Dende o 07/11/2025 ata o 11/11/2025

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídas), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade.

  • A meniña que vivia nunha caixa de mistos 15.11.2025

    Todo Público Outono 2025 - A MENIÑA QUE VIVIA NUNHA CAIXA DE MISTOS de Caramuxo Teatro

    Cando:

    15/11/2025

  • Cartaz

    Ciclo Principal: Dysphoria

    Cando:

    Dende o 14/11/2025 ata o 15/11/2025

  • "A nena e os tres osos", de Migallas

    Cando:

    18/11/2025

    Inscricións:

    Dende o 14/11/2025 ata o 18/11/2025

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídas), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade.

  • "Rosa caramelo", de Talía Teatro (auditorio)

    Cando:

    18/11/2025

    Inscricións:

    Dende o 14/11/2025 ata o 18/11/2025

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión