De Juan Rodríguez e Laura Sarasola *Espectáculo sobre a memoria histórica **Obradoiro de creación de mantas de botóns ás 12.00 h na Sala Xan López Eirís do Rosalía
Para público en xeral
27/12/2025
Xa rematou
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Pídese puntualidade.
50 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Os irmáns Seoane (Nieves e Fernando) correteaban alá polo 1942 pola mercería A Crisálida, recentemente traspasada a súa nai. A mercería xa era, por aquel entón, unha das máis destacadas do comercio coruñés. Nela destacaban os seus escaparates, abarrotados de medias, mantillas ou mantóns. Pasados os anos, os Seoane tomaron a dirección da mercería e convertéronse rapidamente nuns dos máis queridos entre a clientela da céntrica rúa de Santo André. Os irmáns parecían saídos dunha película de Jean Pierre Jeunet. Cando pedías un botón, unha cremalleira ou un par de calcetíns, desaparecían na trastenda; ao pouco, aparecían cunha torre de caixas amarradas por unhas longas gomas elásticas e, cun ritmo doutro tempo, dispoñíanse a ofrecer a súa ampla variedade de material. Ir á Crisálida significaba entrar noutra realidade, era "unha mercería con atmosfera de museo ou gabinete de curiosidades", como a definiu Luis Pousa no seu relicario de rúas de Atlantic City. No 2016, por obras de rehabilitación do edificio onde se situaba o comercio, A Crisálida tivo que trasladarse a un baixo próximo da mesma rúa.
Con Laura Sarasola Pontón, Josito Porto, Juan Rodríguez e Beatriz Deus Bouzas
Dirección: Olga Margallo
Produción de Caramuxo Teatro
*Venda de entradas soltas a partir do 5 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

06/03/2026
Este espectáculo ten unhas características moi especiais cara á inclusión no ámbito cultural, que non só é un dereito, senón tamén un paso fundamental cara a unha sociedade máis equitativa e diversa.
As medidas de accesibilidade no teatro, do mesmo xeito que no resto das artes vivas, teñen un papel fundamental ao garantir que as persoas con diferentes tipos de discapacidade - visual, auditiva, motriz ou cognitiva - poidan gozar plenamente dos espectáculos, é polo que neste espectáculo impleméntanse as seguintes medidas de accesibilidade
1.- LSE durante todo o espectáculo.
2.- Visita táctil para persoas invidentes, unha hora antes da función. Acceso libre.
3.- Audiodescrición: As persoas que a soliciten deben levar as súas propios auriculares.
4.- Programa de man en Braille: dispoñible no despacho de billetes para préstamo durante o espectáculo.
5.- Programa de lectura fácil
**Se necesita das medidas de accesibilidade 2 ou 3 deberá comunicalo identificandose través do correo forummetropolitano@coruna.gal antes do día 4 de marzo as 15 horas.
En canto a Audiodescrición temos 8 aparellos que se confirmarán por orde de petición a través do correo forummetropolitano@coruna.gal e en canto a visita tactil deberán acudirse unha hora antes do evento.

Dende o 06/03/2026 ata o 07/03/2026

10/03/2026
Dende o 06/03/2026 ata o 10/03/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

13/03/2026

Dende o 13/03/2026 ata o 14/03/2026

17/03/2026
Dende o 13/03/2026 ata o 17/03/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible