Produción de Lazona
Para público en xeral
27/12/2026
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
80 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
De Ángel Ruiz
O reinado de Felipe IV representou o máximo apoxeo das artes no Imperio español, con figuras como Lope de Vega, Calderón de la Barca, Quevedo e Velázquez brillando na corte. Con todo, tamén marcou o inicio do declive do imperio, con guerras, corrupción e a decadencia da Casa dos Habsburgo.
Neste contexto, xorde un personaxe misterioso e fascinante, mestura de actor, cómico, cantante e bufón, que serve de fío condutor en El Rey de la Farándula. A través deste cabaré do Século de Ouro, este personaxe -amante, confidente e espía-transporta ao público entre épocas, revelando secretos e anécdotas da corte de Felipe IV. Cun ton sarcástico, provocador e á vez conmovedor, ofrécenos unha visión humana e emocional do monarca e o seu tempo. Cunha estética andróxina e barroca, e acompañado do seu inseparable pianista, interpretará cancións renacentistas e barrocas de Monteverdi, José Marín e Juan Hidalgo, ademais de temas contemporáneos. Recitará poemas de Quevedo e interpretará pasaxes de Lope e Calderón, construíndo un espectáculo versátil, vibrante e cheo de graza, onde o pasado e o presente fúndense sen barreiras temporais.
Nominación XXIX premios MAX 2026
Cuarta edición premios TALÍA 2026.
Elenco: Ángel Ruiz, Bru Ferri
Dramaturxia, dirección e interpretación: Ángel Ruiz
Dirección musical e piano: Bru Ferri
Axudante de dirección: Daniel Migueláñez
Deseño de vestiario: Almudena Rodríguez Huertas
Deseño de iluminación: Rodrigo Ortega
Deseño de escenografía: Beatriz San Juan, Arantxa López Melero
Deseño de son: Kike Mingo
Material visual: Gonzalo Bernal
Dirección de produción: Miguel Cuerdo
Distribución: Julio Municio
Fotos: Javier Naval
Venda de entradas soltas a partir do 4 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

30/07/2026

11/09/2026

Dende o 11/09/2026 ata o 12/09/2026

19/09/2026

Dende o 25/09/2026 ata o 26/09/2026

Dende o 02/10/2026 ata o 03/10/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible