Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: Ictus (a derradeira leición de anatomía do Dr. Castelao)

FUNCIÓNS ACCESIBLES - Lingua de signos - Audiodescrición - Visita táctil - Bucle magnético individual - Son amplificado con auriculares - Programa de man en Braille (unidades limitadas) e de lectura fácil

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 20/03/2026 ata o 21/03/2026

Xa rematou

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Prégase puntualidade.

Duración:

100 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

De Chévere

Un personaxe entra en escena e conta que sufriu un ictus que lle impide completar os seus recordos. Sabe que tivo o ictus ao saír da Cidade da Cultura, despois dun acto que o goberno organizou para recibir o cadro de Castelao titulado A derradeira leición do mestre. Pero non lembra por que estaba alí ou por que lle interesaba ese cadro. Non pode lembrar nada anterior a que lle dese o ictus. Por iso necesita reconstruír todo o que esqueceu. Necesita recordar os detalles e completar os recordos que lle cómpren para non quedar illada e para non esquecer quen é. Vai empezar por reconstruír o momento inmediatamente anterior ao ictus, cando se supón que estaba nese acto na Cidade da Cultura. Para iso elabora un test de memoria que lles  envía a outras persoas que estiveron no acto. Quere saber por que estaba alí. Quere sabelo todo sobre aquel cadro. É o seu xeito de non esquecer o que importa.

Con Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Borja Fernández, Gema Santos e Marcos Pereira

Dramaturxia/dirección: Xron

Unha coprodución de Chévere co Centro Dramático Nacional, co apoio de Agadic-Xunta de Galicia, a colaboración do Concello de Ames e do Concello de Santiago de Compostela

Venda de entradas soltas: 

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña 

Tamén che pode interesar...

  • “O son que me arrola”, da Asociación socioeducativa Antonio Gandoy

    “O son que me arrola”, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

    Cando:

    06/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 06/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • "Momento musical para bebés", de Lydia Botana

    Cando:

    07/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 07/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Sinte 10.04.2026

    SEN NUMERAR Primavera 2026 - SINTE de Cris Balboa

    Cando:

    10/04/2026

  • Imaxe da peza

    TRCdanza: Quiso negro

    Cando:

    11/04/2026

  • “Contos debuxados, debuxos contados”, de Caxoto e Marc Taeger

    “Contos debuxados, debuxos contados”, de Caxoto e Marc Taeger

    Cando:

    14/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 10/04/2026 ata o 14/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Javier Martín

    TRCdanza: O Ponto impropio A/S/V

    Cando:

    17/04/2026

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión