Produción de Ron Lalá
Para público en xeral
Dende o 06/11/2026 ata o 07/11/2026
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
80 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
De Ron Lalá
Finais do século XVI. A bordo dunha barca á deriva, tres náufragos reman para alcanzar as costas do Novo Mundo. O capitán Hernán Galán busca a gloria, o mariño Fulano busca o ouro, o misioneiro frei Pío busca almas para a fe. Os tres vivirán mil peripecias e desventuras en alta mar e en costas descoñecidas para descubrir que ninguén é quen di ser e nada é como parece. E descubrindo o Novo Mundo quizá se descubran a si mesmos...
La Desconquista é unha comedia burlesca, cómica e musical, baseada nas crónicas do Descubrimento. Unha viaxe disparatada aos soños e ambicións imperiais ao máis puro estilo de Ron Lalá: cinco actores-músicos, teatro en verso, clásico á maneira do Século de Ouro, música en directo, ritmo desenfreado e, sobre todo, moitas gargalladas. Unha festa escénica e musical que vira ao redor das ambicións, obsesións, medos e angustias do Imperio onde non se poñía o sol, no seu afán de conquista e no seu pasmo ante a nova realidade dun continente aínda descoñecido. Unha visión mordaz e delirante con textos e música orixinais, humor vertixinoso, poesía escénica e un quinteto de comediantes inimitables. Ron Lalá lánzase á Desconquista!
Elenco: Juan Cañas, Miguel Magdalena, Diego Morales, Luis Retana, Daniel Rovalher
Dirección: Yayo Cáceres
Dramaturxia e letras: Álvaro Tato
Composición e arranxos: Yayo Cáceres, Juan Cañas, Miguel Magdalena, Daniel Rovalher
Dirección musical: Miguel Magdalena
Vestiario: Tatiana de Sarabia
Escenografía: Ron Lalá, Tatiana de Sarabia
Iluminación: Miguel Ángel Camacho
Venda de entradas soltas a partir do 4 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

10/07/2026

30/07/2026

11/09/2026

Dende o 11/09/2026 ata o 12/09/2026

19/09/2026

Dende o 25/09/2026 ata o 26/09/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible