De Nando López
Para público en xeral
Dende o 04/05/2018 ata o 05/05/2018
Xa rematou
20.30 h
100 minutos (sen intermedio)
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (carné xove, + 65 anos, ou persoas desempregadas: -20% )
O suposto asasinato cometido por Marcos, un estudante de Bacharelato, constitúe o punto de partida dunha investigación que nos permite internarnos, a través dos seus amigos e compañeiros de clase, nos seus medos, soños e inquietudes. Os personaxes adolescentes desta novela, finalista ao Premio Nadal 2010, toman a voz neste retrato realista e á vez poético de toda a súa xeración.
Escrita para La Joven Compañía polo propio Nando López, "La edad de la ira" ofrécenos unha mirada radicalmente nova con respecto á novela orixinal: unha función na que os adolescentes son os únicos protagonistas e que nace como un canto á diferenza e á procura -libre e valente- da nosa identidade.
Con Javier Ariano, Alejandro Chaparro, Jesús Lavi, Rosa Martí, Laura Montesinos, María Romero, Álex Villazán, Jorge Yumar
Coa colaboración de Mabel del Pozo e Iker Lastra e a voz de Juan Echanove
Dirección: José Luis Arellano García
La Joven compañía
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
Dende o 10/05/2024 ata o 11/05/2024
12/05/2024
14/05/2024
Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible