Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: Los cuernos de Don Friolera

De Ramón María del Valle-Inclán, adaptación de Ainhoa Amestoy

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/01/2026 ata o 24/01/2026

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Prégase puntualidade.

Duración:

120 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

Don Friolera, un militar preocupado pola reputación e a disciplina, empeza a sospeitar que a súa esposa, Dona Loreta, élle infiel con Pachequín, o barbeiro. Estas conxecturas xorden tras a chegada dunha nota anónima, e os posteriores rumores e insinuacións dos seus veciños e coñecidos.A suposta infidelidade de Dona Loreta convértese nunha obsesión para Don Friolera, o cal trama unha radical vinganza para restaurar a súa dignidade: cegado polos celos, proponse asasinar á súa esposa e ao suposto amante. A confrontación culmina nunha serie de eventos tráxicos e irónicos que subliñan a hipocrisía e o absurdo código da honra, á vez que reflicten a crítica social e cultural, e o ton grotesco do esperpento.Valle-Inclán adopta unha estrutura audaz á hora de presentar a historia, expondo tres visións desta: a través dun hilarante teatro de monicreques, mediante unha obra teatral ao uso e como un romance de cego.

Con Miguel Hermoso, Armando del Río, Lidia Otón, Ester Bellver, Miguel Cubero, Pablo Rivero Madriñán,  José Bustos, Iballa Rodríguez

Dirección e adaptación: Ainhoa Amestoy

Unha produción de Estival Producciones para Teatros del Canal

Venda de entradas soltas desde o 9 de setembro

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña 

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión