Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: Ma Solitud

De Guillem Albà, Sergio Martínez e Joan Arqué

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/12/2023

Xa rematou

Horario:

18.00 e 19.30 h

Duración:

25 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

10,00 €  (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

O novo espectáculo de GUILLEM ALBÀ é un regreso ás súas raíces: o seu característico universo visual. Esta vez a través dos monicreques e a comicidade de pequeno formato e dunha vibrante experiencia colectiva de proximidade. Vinte e cinco minutos de viaxe da comedia á poética, coas súas mans como punto de partida. Esta parte do corpo que nos devolve ao tanxible, cotián e artesanal, e que nos reconecta coa comunidade. Mans que crearon a maioría de cousas que utilizamos. Mans que desataron a beleza máis sublime e as máis terribles atrocidades. Mans que contan as historias que hai tanto tempo que nos unen. Reivindicalas para que non queden soas e esquecidas entre tanta tecla, pantalla e sobreinformación. Unha experiencia para lembrar a importancia do humano, sinxelo e compartido. 

Dirección e interpretación: Guillem Albà

Creación e dramaturxia: Guillem Albà, Sergio Martínez e Joan Arqué

Produción de Guillem Albá

ESPECTÁCULO DE AFORO REDUCIDO

*Venda de entradas soltas a partir do 8 de setembro

Despacho  de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h

Venda en liña

* Programación para persoas adultas, idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión