*Programación especial: Día 180º aniversario do Teatro Rosalía Castro: 15 de decembro (1840-2020)
Para público en xeral
15/12/2020
Xa rematou
20.30 h
120 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
De Bertolt Brecht
A guerra sempre foi un negocio. E Ana Fierling sábeo. Por iso camiña cos seus dous fillos e a súa filla a través da barbarie. Mentres serven a distintos bandos e ao mesmo tempo a ningún, desenlázase esta épica historia cuxo eixo central é a crueldade da supervivencia humana. O materialismo imponse á traxedia, a guerra insensibilízanos e os seres humanos seguimos sen aprender, cometendo os mesmos erros.
Hoxe, a brutalidade é dixerida a diario a través da televisión con absoluta inmunidade. A esta "Madre coraje" quédanlle lonxe Suecia, Alemaña e Polonia, por iso nos traslada a un espazo bélico atemporal que non necesita ser definido porque os seus referentes son tristemente actualizados cada día.
"A guerra representa só a continuación dos negocios con outros medios, pero na guerra os grandes negocios non os fai a xente humilde e na guerra as virtudes humanas convértense en mortais". Bertolt Brecht
Repartición: Itziar Lazkano, Ane Pikaza, Eneko Sagardoy, Mikel Losada, Miren Gaztañaga, Iñaki Urrutia, Gabriel Ocina, Alfonso Díez, Kepa Errasti, Aitor Borobia, Adrián García de los Ojos e Mikel Martínez.
Dirección e adaptación: María Goiricelaya
Produción do Teatro Arriaga
Duración estimada: 120 minutos
*Venda de entradas a partir do 14 de setembro
Despacho de billetes Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 662 867 109
Web: https://corunacultura.sacatuentrada.es/
IMPORTANTE: durante este espectáculo é obrigatorio o uso da máscara desde que se entra ao teatro ata que se sae.

14/12/2025
INICIO DAS VENDAS: O venres anterior a cada espectáculo, nos horarios habituais da praza de Ourense e en Ataquilla.com

Os días 10/12/2025, 11/12/2025, 12/12/2025, 13/12/2025, 14/12/2025

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible