Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: O porco de pé

De Vicente Risco con versión de Pepe Sendón e Quico Cadaval

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/05/2023 ata o 20/05/2023

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14,00 €; 10,00 €; 8,00 €; 6,50 €   (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)

*Todas las persoas que accedan al recinto deben hacerlo con entrada, independentemente de la edad que tengan.

O PORCO DE PÉ: Teatro de fenómenos

O Porco, o animal totémico dos cocidos e dos entroidos, toma os teatros para demostrar a sua superioridade sobre os seres humanos. O que presenta Excéntricas é un teatro de barracón, aquel que, na infancia, nos fascinaba e nos asustaba a partes iguais. Un farol mortizo, un chan de serrín, unha cortina vermella e, de súpeto, aparece o porco en elegante pose de equilibrista a sosterse sobre os pés, a finxirse un ser humano con tanta graza, que resulta imposible distinguilo.

Vai para cen anos, Vicente Risco detectou unha nutrida presenza porcina vestida con elegantes abrigos e chapéus a confundirse cos propios burgueses. Descobreu que estaban entre NÓS! A divertidísima sátira do ourensán, a medio camiño entre o circo, o barracón, os fantoches e o cabarete, ten hoxe mais vixencia que nunca. Nesta viaxe á fascinante década do 20 do século XX, pasarán, como nunha linterna máxica, anarquistas, capitalistas, agraristas, proxenetistas, golpistas, vangardistas, caciquistas, cupletistas, mentalistas, futuristas, e budistas.

Producións Teatrais Excéntricas inventa, para reinventar este retrato de NÓS, un teatro de fenómenos cheo de monstros de barracón. Unha sucesión de grotescos personaxes, caricaturescos como marionetas, representan dende os principios da farsa popular, a aguda visión do míope Risco. Unha historia de corrupción política e de amor, pasada polos espellos deformantes do parque de atracción.

Con Patricia Vázquez, Victor Mosqueira, Evaristo Calvo

Dirección e dramatruxia: Quico Cadaval

Escenografia e indumentaria: Carlos Alonso

Iluminación: Octavio Mas

Espazo sonoro: Piti Sanz

Producións Teatráis Excéntricas

Duración estimada: 90 minutos  (sen intermedio)  

*Venta de entradas soltas a partir do 10 de xaneiro

Despacho de Billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de Billetes do  Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenta

* Programación para persoas adultas, edade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez empezado o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión