De Santiago Cortegoso ESTREA ABSOLUTA
Para público en xeral
Dende o 07/02/2025 ata o 08/02/2025
Xa rematou
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
100 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'0, 10'00, 8'00, 6'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
RECONVERSIÓN é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que interpretan a banda sonora en directo. Entre o íntimo e o político, o proxecto, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro de Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viveu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80. RECONVERSIÓN é unha viaxe desde a posguerra ata o "Felipismo" dos 80, pasando pola auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.
Con:
Artur Abad: Percusións, Coro, Soplete, Outros
Cristina Collazo:Trompa, Coro, Avoa, Outras
Santiago Cortegoso:Percusións, Coro, O fillo
César Goldi: Percusións, Coro, Figueroa, Naranjito, Outros
Celia González:Clarinete, Coro, A nai, Outras
Davide González:Saxofón, Coro, Felipe González, Outros
Fran Lareu:Trompeta, Coro, O pai, Outros
Nani Matos:Tuba, Coro, Boyer, Outros
Texto e dirección: Santiago Cortegoso
Produción de Ibuprofeno teatro
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible