Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: Ubasute

Produción Berrobambán

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 25/09/2026 ata o 26/09/2026

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Pídese puntualidade.

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

De Paula Carballeira

Hai linguas que só teñen unha palabra para o abandono, pero iso non quere dicir que non haxa diferentes maneiras de deixar para sempre algo, alguén, a ti mesma, e pouco importa que intentes cambiar de espazo que creas que indo ao Xapón conseguirás afastar de ti o abafo, a culpa ou as pantasmas. Non existe un lugar no mundo onde fuxir da poesía, e a poesía trae de volta os recordos.

Ubasute é un termo xaponés que significa literalmente "abandono dunha anciá" e que se refire ao presunto costume de deixar un parente vello ou enfermo nunha montaña ou nun lugar afastado... Existen alusións dese costume na tradición oral de numerosas culturas, pero ningunha proba.

Elenco: Rocío González, Xosé Barato e Lez Cameselle

Dirección: Vanesa Sotelo

Dramaturxia: Paula Carballeira

Música: Nacho Sanz

Espazo sonoro: Nvelar

Espazo escénico: Beatriz de Vega

Iluminación: Chiqui Pereira

Vestiario: Lola Armesto

Venda de entradas soltas a partir do 4 de setembro

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión