Clases abertas na "Sala 303"
para a xente interesada na interpretación actoral
Para público en xeral
Os días 23/03/2019, 30/03/2019
Xa rematou
10.30 a 13.30 h
Rúa Eugenio Carré Aldao (Os mallos) 11. A Coruña
gratuítas con inscrición previa
Na primeira parte da clase faremos un pequeno quecemento e dinámicas de grupo destinadas a vivir o aquí-agora e establecer liñas de comunicación entre nós. Traballaremos coa voz e o corpo explorando os centros mental, emocional e instintivo.
A segunda parte da clase dedicarémola integramente á realización dun par de escenas. Neste traballo non nos centraremos tanto no resultado da escena en si, como en desenvolver os recursos expresivos propios do actor ou actriz en relación co personaxe.
Dependendo do número de asistentes poderás asistir a unha clase soa ou a ambas. Por iso pedímosche que nos digas as túas preferencias respecto diso; se prefires os dous días e cal deles che viría mellor en caso de teres que elixir.
Necesitas roupa cómoda e, se é posible, trae un texto memorizado dunhas 10 liñas.
E por último, se desexas traballar algunha escena ou monólogo envíanola. Elixiremos dous para cada clase de entre as solicitudes e responderémosche canto antes.
Podes escribirnos para resolver calquera dúbida ou inscribirte a: Sala303.claseabierta@gmail.com
03/05/2024
03/05/2024
Dende o 04/05/2024 ata o 05/05/2024
Calendario e proceso de inscrición:
Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.
** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.
Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.
Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.
Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.
Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.
Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.
08/05/2024
10/05/2024
24/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible