Únete ao grupo de conversa en galego dos mércores da Biblioteca Ágora!
Persoas adultas
Dende o 14/10/2026 ata o 16/12/2026
Todos os mércores, en horario das 19.00 ás 20.15 h
Dende o 08/10/2026 ata o 16/12/2026
A inscrición supón un compromiso regular de participación, polo que se levará un control de asistencia.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
15
Correo electrónico: bagora@coruna.gal
Teléf.: 981 189 886
Se queres practicar galego nun grupo de conversa dinamizado por unha persoa nativa, esta é a túa actividade.
O grupo de conversa é unha proposta dirixida a todas as persoas que desexen mellorar o seu galego oral nun ambiente distendido e de conversa amena, lonxe da aprendizaxe formal.
Se tes algún coñecemento do idioma pero non o falas no teu día a día, bótate a falar neste espazo de intercambio lingüístico e cultural.
Ademais, dende o ano 2026 formamos parte da rede provincial de grupos de conversa "Falarmos nós", impulsada pola Área de Lingua da Deputación da Coruña para lles facilitarmos espazos seguros e participativos a aquelas persoas que queiran dar o paso a falar en galego no seu día a día.
Tamén che pode interesar

02/10/2026

02/10/2026
Venda de entradas desde o 27 de maio de 2026, ás 11.00 h

02/10/2026

03/10/2026

03/10/2026

03/10/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible