Lugar: restaurante Alborada. Para unha cociña sustentable é imprescindible elixir o peixe de proximidade, de tempada e que respecte as medidas mínimas
Público xeral
Para público en xeral
24/09/2016
Xa rematou
10.00 a 12.00 h
Actividade gratuíta tras a previa inscrición
Eses son os criterios que priman na afamada cociña atlántica de Iván Domínguez, director gastronómico do Grupo Alborada, gañador dunha estrela Michelín no seu establecemento da Coruña. Este taller de cociña, conducido por Domínguez no seu establecemento, está dirixido a toda persoa afeccionada que estea interesada en ampliar os seus coñecementos para elaborar suculentos pratos mariñeiros da maneira máis eficiente e sustentable aplicando, tamén na cociña, os criterios de redución. Unha ocasión única para lembrar, entre pucheiros, a importancia que como cociñeiros e consumidores temos á hora de contribuír á saúde dos mares.
A actividade conta co apoio de SOGAMA, que editou un receitario de cociña "Aprovéitate do que che sobra" dispoñible aquí e ofrece interesantes recomendacións sobre como evitar os desperdicios alimentarios na web www.aproveitatedoquechesobra.es.
Actividades relacionadas
Dende o 04/05/2024 ata o 05/05/2024
Calendario e proceso de inscrición:
Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.
** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.
Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.
Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.
Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.
Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.
Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.
08/05/2024
10/05/2024
24/05/2024
29/05/2024
31/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible