Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Comando Radar

Este septeto de músicos galegos define a súa música como improvisación conducida. Proposta arriscada pero ao mesmo tempo cativadora. O seu directo é apto para todos os públicos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/06/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h (Pedir puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permite o acceso á sala)

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

15,00 € (Venda anticipada até o día 5 de xuño de 2019 ás 23.59 h, 10,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: -20%) (Familia numerosa: - 25% (só no despacho de billetes))

Organiza:

Enrique Otero Suárez

O Comando non só entra polas orellas, tamén o fai polos ollos. Os temas xorden a través do director que con sinais constrúe cada unha das pezas. Os músicos moi atentos, entregados á improvisación e completametne volcados na música. Aparece así unha coreografía entre eles que fai de fío condutor do espectáculo.

Comando Radar son: Pablo Rega (dirección, guitarra e aparellos), Luis Erades (saxo alto/soprano), Pablo Sax (saxo tenor/soprano), David Lojo (trompeta), Saúl Puga (contrabaixo), Carlos Castro (batería) e Xavi Bértolo (teclados).

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión