Compóñeno algúns dos músicos célticos máis ocupados e buscados do mundo.
Para público en xeral
12/10/2017
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
20'00, 18'00, 16'00, 14'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%).
A vocalista principal Karen Matheson, está considerada como unha das máis finas cantantes escocesas multilingüe, e ampliou o seu estilo nunha serie de álbums profesionais en solitario e en colaboracións de música mundial desde 1996.
Donald Shaw, acordeón e teclados, demandado continuamente como produtor e compositor, é recoñecido máis recentemente pola banda sonora da exitosa serie da BBC1 Hébridas - Islas en el borde.
Charlie MacKerron, o vello violinista da banda da costa leste, tamén recoñecido polas súas habilidades compositivas e proxectos paralelos, incluído o seu papel como violinista no supergrupo Session A9.
Manus Lunny é o eixo rítmico da banda desde a súa gravación seminal Sidewaulk, e á vez que escribe e xira coa banda, dedica gran parte do seu tempo a proxectos colaborativos no seu estudo de Donegal.
Michael McGoldrick, extraordinario frautista, considerado por moitos como o sucesor hoxe do icónico Matt Molloy, dedicou gran parte dos tres últimos anos a percorrer o mundo como membro da banda de Mark Knopfler: e a sección rítmica, o baixista Ewen Vernal, o baterista Che Beresford e o percusionista David Robertson, encarnan a síntese perfecta de enerxía e sensibilidade nos seus shows en vivo.
Como a música escocesa, que chega triunfal á maioría de idade no século XXI, Capercaillie é a banda que creceu con ela, primeiro emerxendo e despois liderando a vangarda do seu renacer contemporáneo.
O seu último traballo, At the heart of it all (No corazón de todo), celebran os seus 30 anos despois de que tocasen por primeira vez na súa terra escocesa.
Venda de entradas
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só aberta días de función, de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226 - web

16/12/2025

Dende o 14/10/2025 ata o 16/12/2025

17/12/2025

17/12/2025

18/12/2025

18/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible