O vindeiro mércores 13 de abril no Ágora da Coruña teremos a oportunidade de gozar das voces de dous cantantes fantásticos: o barítono Borja Quiza, cunha dilatada carreira internacional e recentemente chegado de actuar no Teatro Real de Madrid; e o seu mestre, o tenor Daniel Muñoz, que tras unha extensa carreira en teatros de todo o mundo dedícase actualmente á formación de cantantes en Barcelona.
Para público en xeral
13/04/2022
Xa rematou
20.00 h, apertura de portas ás 19.15 h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
10 €, prezo único
Asociación cultural Orquestra Gaos
Será a primeira vez que ambos os artistas compartan escenario con orquestra. Con motivo deste importante encontro, Borja Quiza escríbenos estas liñas:
"Este concerto é moi especial por varias razóns. Por unha banda o programa, que inclúe fundamentalmente obras novas para min. Esta elección responde ao desenvolvemento da miña voz nos últimos anos, que aumentou en volume e intensificouse na cor e no dramatismo. Isto achégame indefectiblemente ao repertorio verdián e verista, que ocupará gran parte da miña axenda non vindeiros anos, ademais de conectar especialmente co meu lado máis emocional. Outro aliciente é poder compartir escenario coa persoa que máis influíu na miña formación vocal e na solidez da miña técnica, Daniel Muñoz, un magnífico mestre e tenor cunha extensa carreira internacional. Sen dúbida será un fito na miña vida poder cantar con el na miña cidade, dirixidos polo meu amigo e fantástico director Fernando Briones, e acompañados pola Orquestra Gaos, formación que vin nacer, crecer e converterse nun dos proxectos orquestrais privados de maior nivel do noso país".
Viva Verdi!
VENDA DE LOCALIDADES

20/12/2025

20/12/2025

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible