Orquestra Sinfónica Infantil da OSG
público en xeral
Para público en xeral
06/06/2026
18:00 h
60 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde
agra@galizacultura.gal
É unha agrupación musical formativa integrada por máis de oitenta nenos e nenas de entre 8 e 15 anos. Creada no curso 2010-2011 como parte do Proxecto SonFuturo, ten como obxectivo dotar aos músicos noviños dos recursos necesarios para tocar nunha orquestra sinfónica.
Está dividida en diferentes grupos de corda segundo o seu nivel. Grupo Pizzicato (de 8 a 11 anos) e Grupo Arcos (de 11 a 15 anos).
Interpretan obras clásicas de autores como Purcell, Hândel, Holst ou Chaikovski, ademais de música de conxunto e panxoliñas de nadal.
Os directores e profesores principais destas agrupacións son Enrique Iglesias Precedo (Pizzicato) e Jorge Montes (Arcos).
Jorge Montes
Nado na Coruña en 1982, rematou os seus estudos musicais con matrícula de honra e premio extraordinario no Conservatorio da súa cidade baixo a titoría de Jesús Llaneza e Claudio Forcada. Ampliou estudos na Academia Musicale Chigiana de Siena con Giuliano Carmignola.
Perfeccionou a súa formación violinística con diferentes mestres (Jennifer Gilbert, Yoko Takebe, Olga Vilkomirskaia...) así como dirección de orquestra con Alan Gilbert, James Ross e Naoto Otomo.
Formouse tamén como violinista barroco e fai parte do cuarteto Alicerce e do grupo de música antiga Ars Combinatoria.
No apartado pedagóxico foi profesor da Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia. Participa dende a súa creación como director do Curso de Orquestra para Nenos na Escola de Altos Estudos Musicais da Real Filharmónica de Galiza e asesora a diversas orquestras españolas e extranxeiras no desenvolvemento de proxectos educativos. Na actualidade é profesor de violín e orquestra no Conservatorio Profesional de Música da Coruña e director da Orquestra Infantil da Sinfónica de Galiza dende a súa creación en 2010.
Enrique Carlos Iglesias Precedo
Nace na Coruña e comeza os seus estudos de violín no Conservatorio desta cidade. Dende 1988 colabora coa Orquestra de Cámara Municipal da Coruña.
A partir do ano 1992 desenvolve estudos co profesor Yuri Nasushki, ex alumno do violinista Vladimir Spivakov. Remata os estudos superiores no Conservatorio de Santiago de Compostela. Na actualidade, e dende o ano 1996, é profesor da Orquestra Sinfónica de Galiza e, paralelamente, dedícase á música de cámara.
É responsábel e codirixe a OISG dende a súa creación no curso 2010-2011.
No 2015 incorpórase ao grupo "Arcos Iris", un sexteto de corda nacido no seo da Orquestra Sinfónica de Galiza, que ten como obxectivo principal achegar a música aos máis pequenos de xeito lúdico e atractivo.
Este concerto, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

04/06/2026

05/06/2026

06/06/2026

10/06/2026

10/06/2026

12/06/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible