Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Concerto de Melendi "20 años sin noticias"

Melendi celebra 20 anos da publicación do seu disco debut “Sin Noticias de Holanda” cunha xira na que incluirá cancións dos seus primeiros discos e un novo repertorio que non interpretara nas súas últimas xiras.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/11/2023 ata o 05/11/2023

Xa rematou

Horario:

Días 3 e 4: 21.30 h (apertura de portas: 20.00 h)

Día 5: 20.30 h (apertura de portas: 19.00 h)

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Pista: 48,00 €

Tendido Baixo: 52,00 €

Tendido Medio: 45,00 €

Tendido Alto: 38,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

A entrada é nominal. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.

No momento da compra das entradas débese debe indicar o nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte) das persoas que vaian asistir tal e como figuran nos seus DNI.

Para poder acceder ao Coliseum, o/a titular da entrada deberá identificarse presentando o seu DNI xunto coa súa entrada.

No caso de que o/a titular da compra das entradas non dispoña de todos os datos para identificar as persoas acompañantes deberá indicar os seuspropios nas entradas destinadas aos/ás ditas/os acompañantes, e estará obrigado/a a asistir ao evento. Durante o acceso ao Coliseum todas/os elas/eles deberanse identificar como integrantes do mesmo grupo.

Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.

Organiza:

Esmerarte Industrias Creativas SL

"Sin noticias de Holanda" supuxo o inicio dunha carreira musical que levou a Melendi a converterse nun dos artistas máis relevantes ao longo destes 20 anos de historia musical. Para conmemorar o lanzamento do seu álbum debut, Melendi volve ás raíces do seu xénero e anuncia "20 años sin noticias" unha xira que o levará por 10 únicas cidades nas que reinterpretará parte do repertorio dos seus primeiros discos e incluirá cancións que non cantou desde hai máis de 15 anos, ademais de, por suposto, os seus éxitos máis emblemáticos e que se converteron en himnos multixeracionais. En definitiva, a xira que todas as súas persoas seguidoras estaban a desexar que ocorrese dende hai moito tempo e que será neste 2023 en 10 únicas cidades.

Para esta nova xira, Melendi volverá contar con clásicos que andan na memoria colectiva de moitas xeracións, regalándolles aos seus seguidores e ás súas seguidoras unha viaxe emocional a través das cancións como agradecemento por manterse fieis dende os seus inicios. Un emotivo percorrido creando unha ponte entre o pasado e o presente nunha experiencia que será única.

Pero as emocións non terminan aí. A xira "20 años sin noticias" virá acompañada polo agardado lanzamento do seu próximo disco, tamén titulado "20 años sin noticias", que verá a luz a finais deste mesmo ano.

O álbum non só revisita os éxitos dos seus primeiros anos, senón que tamén os reinventa desde unha perspectiva actual, enriquecendo o seu legado musical co sinal do presente, contando con importantes colaboracións que o artista irá desvelando os próximos días. Un paso audaz e cativador na evolución da súa arte.

Desde o seu debut en solitario, Melendi continuou a súa viaxe musical. Con 24 discos de platino, máis 3,5 millóns de exemplares vendidos ao longo da súa carreira e unha serie de números un e premios, o seu legado é innegable.

Autorización de acceso para menores de 16 anos _ Melendi 3 nov

Autorización de acceso para menores de 16 anos _ Melendi 4 nov

Autorización de acceso para menores de 16 anos _ Melendi 5 nov

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente os días de concerto dende as 17.00 h
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión