Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Concerto do grupo Sangre de Muérdago na Coruña

Sangre de Muérdago é unha banda galega de neofolk de Leipzig (Alemaña) liderada polo ourensán Pablo Caamiña Ursusson, que dende 2007 leva a cabo un dous proxectos máis únicos e fondos do panorama musical internacional.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/12/2024

Xa rematou

Horario:

20.15 h

Duración:

75 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

de balde

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

A súa música lévanos ata o máis fondo de nós mesmas, coma unha nai que nos amosa o mundo de novo.

As súas letras en galego tratan temas relacionados coa natureza con elementos místicos e inspíranse na tradición galega. A súa música inclúe instrumentos tradicionais como a zanfona e a nyckelharpa. Musicalizaron poemas de escritores galegos como Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro e Manuel María.

O actual cuarteto componse de Pablo Caamiña, Georg Börner, Xoel López e Saúl Nogareda, cun abano instrumental que inclúe guitarra clásica, zanfona, violoncello, clarinete, caixa de música, percusións tradicionais e harmonías vogais e a ˈnʏ̂kːɛlˌharːpa (un instrumento tradicional de corda de orixe sueca cuxa rede de difusión foi incluída pola UNESCO no Rexistro de boas prácticas de salvagarda do ano 2023. Este instrumento recorda moito a zanfona: coa man esquerda tócanse as chaves do bastidor, mentres a dereita se usa co arco para fretar as cordas).

Con numerosas xiras por Europa, Norteamérica ou Asia oriental e máis de 15 traballos editados nos últimos 13 anos, Sangre de Muérdago consolídanse como a rara avis da escena musical galega. Acaban de publicar unha nova sesión en directo rexistrada no Mosteiro de Monfero ( https://youtu.be/JaaJd5kGjRU?si=NxwRpKXq9Tqv_9sC ).

Este festival, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto. O programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión