O seu último álbum conta coa participación en dúas cancións de Joe Walsh, ex membro de The Eagles
Para público en xeral
15/02/2017
Xa rematou
Apertura de portas: 20.30 h. Comezo do concerto 21.00 h
Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña
Zona A: 35,00 € (+ gastos se os houber)
Zona B: 30,00 € (+ gastos se os houber)
Zona C1: 25,00 € (+ gastos se os houber)
Zona C2: 20,00 € (+ gastos se os houber)
** (desconto do 10% sobre as 50 primeiras localidades vendidas de cada zona)
John Mayall volve de xira por toda Europa ofrecendo a súa vision maxistral e xenuína do blues.
Todos os seus grandes temas xunto a novas composicións recréanse con rotunda vitalidade nunha xira europea de máis de 50 concertos / febreiro e marzo.
Aos seus 84 anos, Mayall é unha institución en permanente estado de actividade.
Desde hai décadas John Mayall retén un record inalcanzable en número de concertos cada ano.
O escenario, o directo cada noite, é o seu alimento e John necesita facelo cada noite para seguir sendo feliz.
John Mayall foi un impulsor, cazador e mestre de grandes novos instrumentistas na súa banda.
Desde Peter Green e Mike Fleetwood a Eric Clapton, Mick Taylor, Coco Montoya... sempre marcou o camiño e axudou a sentar as súas bases en terras sólidas.
Agora a banda preséntase como cuarteto, con Rocky Athas, Greg Rzab e Jay Davenport.
Formación:
JOHN MAYALL VOZ, TECLADOS, GUITARRAS
ROCKY ATHAS, GUITARRAS E VOZ
GREG RZAB / BAIXO ELÉCTRICO E VOZ
JAY DAVENPORT Batería
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Palacio da Ópera: día do concerto de 11.00 a 14.00 e de 17.00 ata o inicio do concerto
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

18/12/2025

18/12/2025

20/12/2025

20/12/2025

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible