Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Concerto BMMC - "O amor bruxo"

A Banda Municipal da Coruña comeza a súa tempada sinfónica no Teatro Colón cun atractivo cartel onde centra o programa nunha obra icónica do século XX, "O amor bruxo".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

05/11/2023

Xa rematou

Horario:

12.15 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/en-escea/

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Bruxería e misterio, xitanas que murmuran esconxuros, danzas arredor do lume. "O amor bruxo" é unha historia de paixón que traspasa a fronteira do máis Alá, un ballet-pantomima protagonizado por unha parella nova, Candeals e Carmelo, e un antigo amante da moza que se manifesta en forma de espectro e que a atormenta. Sortilexios, feitizos e unha música inspirada nas máis fondas raíces do canto e sentimento meridionais, adoptando unha técnica e modos de expresión non afeitos ata daquela na música española. Todo iso outórgalle un atractivo moi especial a esta obra. A "Danza ritual del fuego" ou "Canción del fuego fatuo" convertéronse en iconas da música do século XX. O programa complétase coa estrea de "Tres bocetos andaluces", obra do compositor asentado en Vigo David Cuevas, unha obra de inspiración flamenca onde o lirismo se traslada ao timbre do clarinete baixo solista. "Cantares de Galicia" é unha obra do compositor norteamericano M. Gandolfi, el mesmo describe a fonte que inspirou a escritura desta obra baseada en melodías tradicionais galegas:

"A nai da miña esposa, Aurora, é oriúnda de Viveiro, un fermoso pobo costeiro galego. Durante as miñas viaxes alí descubrín varias cancións tradicionais que Aurora lle canta a miúdo á miña esposa María..."

Repertorio

Overture for a Great City - P. Sparke

Cantares de Galicia - M. Gandolfi

Tres bocetos andaluces - D. Cuevas

El amor brujo- M. de Falla

Artistas

Banda Municipal de Música da Coruña

Cantaora: Sandra Calderón

Solista: Xocas Meijide

Dirección: Juan Miguel Romero Llopis

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión