Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Conferencia de Ángel Carracedo

Enmarcada dentro das celebracións de "Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas", a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés ofrece unha conferencia sobre xenética do doutor Ángel Carracedo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/11/2015

Xa rematou

Horario:

18.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés. Rúa Miguel González Garcés 1. 15008 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar aforamento

Ángel Carracedo, un dos científicos galegos de maior proxección internacional, é catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e do nodo principal do Centro Nacional de Xenotipado. É tamén coordinador do Grupo de Medicina Xenómica, unidade de investigación conxunta formada principalmente por investigadores do Instituto de Ciencias Forenses da Universidade de Santiago de Compostela, da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, do nodo galego do Centro Nacional de Xenotipado (CeGen), do IDIS, Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, e do CIBERER, Centro de Investigación Biomédica en Rede Enfermidades Raras.

Foi un grande impulsor da xenómica clínica e un pioneiro na aplicación das análises xenéticas en medicina forense. Como referente internacional en xenética forense, xenómica comparada e neuroxenética, recibiu diversos galardóns, entre os que destacan o Premio Nacional de Xenética 2015 na categoría de investigación en Aplicacións da Xenética, o Premio Rei Jaime I ou a Medalla Galien.  A conferencia Pescando xenes é unha das actividades programadas pola biblioteca para celebrar novembro como Mes da ciencia en galego nas bibliotecas. O Dr. Carracedo é o autor do Manifesto do pasado ano 2014.  Coñecido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión