Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Conferencia e actuación de Juan Manuel Montilla "El Langui"

De seguro que non queres perder a conferencia e mini-actuación sorpresa de El Langui.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/09/2021

Xa rematou

Horario:

19:30 h 

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Juan Manuel Montilla, alias El Langui, é actor, escritor (o seu libro "16 escalones antes de irme a la cama" vendeu xa 40.000 exemplares) e rapeiro español, do barrio madrileño de Pan Bendito.

Forma parte do grupo La Excepción e é, sen dúbida, un grande exemplo de superación e de arte inclusiva en todos os sentidos. É vital, positivo e posúe un gran sentido do humor.

El Langui gañou en 2008 o Premio Goya ao mellor actor revelación por 'El truco del manco' e o Premio Goya á mellor canción por 'A Tientas', canción principal da mesma película. Desde entón traballou en películas como Torrente 4, Fuga de cerebros 2, Cobardes e Con el vértigo en los talones.

Outra das facetas de El Langui é a de comunicador/conferenciante. Tamén desde hai varios anos imparte uhna serie de talleres de formación para persoas novas e non tan novas.

Estas conferencias realizáronse xa en diferentes cidades dirixidas a persoas de diferentes clases sociais e de contornos radicalmente opostos, ainda que a  lección aprendida é sempre a mesma: podemos chegar a onde nos propoñamos se poñemos empeño e esforzo en conseguilo. Sempre con actitude positiva.

Se te queres impregnar deste espírito e valores, non faltes!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión