Unha conferencia plena de actualidade e de interese, seguida dun debate no que poderán participar as persoas presentes.
Para público en xeral
22/09/2022
Xa rematou
19.30 h
Sociedade Recreativa e Instrutiva do Círculo de Artesáns. Rúa San Andrés 36, Bj. 15003 A Coruña
Gratuíta, ata completar a capacidade da sala.
Reunión Recreativa e Instructiva de Artesáns
San Andrés, número 36
A Coruña
Expoñerase o espolio dos macroproxectos eólicos que afectan ás persoas e aldeas do rural galego, e como iso tamén prexudica gravemente aos veciños e veciñas. Esa dimensión "macro" só ten a finalidade de manter o monopolio enerxético para que o prezo da enerxía continúe sendo o que eles queiran e acaparar o territorio para o seu beneficio particular, poñendo en risco a produción de alimentos, as nosas paisaxes e, por tanto, a nosa saúde e as nosas vidas.
Sabendo que no futuro as fontes de enerxía serán renovables defendemos formatos racionalizados e descentralizados.
Informarase do que está a acontecer cos planos das administracións e das empresas privadas para colonizar os nosos mares coas instalacións de polígonos industriais de eólicas mariñas.
Defenderemos que ao implantar eses polígonos industriais débense respectar dúas liñas vermellas irrenunciábeis:
a) O respecto aos ecosistemas mariños
b) O respecto á actividade pesqueira
Intervirán
-ARANZA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, voceira da plataforma veciñal "Asociación Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo", veciña afectada do lugar do Monte do Gato na parroquia de Fervenzas Aranga e veterinaria de profesión
-TORCUATO TEIXEIRA VALORIA, voceiro da plataforma en Defensa "da Pesca e dos Ecosistemas Mariños", avogado especialista en Dereito Pesqueiro e hino de pescadores
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible