Organizado polo CICA (Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da UDC), terá lugar na Domus o sábado 27 de abril.
Para público en xeral
27/04/2024
Xa rematou
Ás 10.30 horas
CICA, coa colaboración de Museos Científicos-Concello da Coruña.
Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Texnología (FECYT)
O CICA (Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, pertencente á UDC) organiza un Congreso Científico no que unha quincena de estudantes de 4º da ESO, FP e Bacharelato presentarán os resultados das estadías que realizaron nos laboratorios do CICA en formato de póster.
Os alumnos e alumnas defenderán o seu póster nunha sesión aberta ao público xeral. Tras a deliberación do xurado, catro alumnos realizarán unhas exposicións orais máis extensas.
O tribunal que avaliará os traballos está formado por:
- Patricia Barciela, directora técnica da Domus.
- Cristina Naya, vicerreitora de divulgación, cultura e deportes da UDC.
- Carlos María Rodríguez, graduado en Bioloxía pola UDC e profesor de secundaria.
- Andrea Carolina Cozzolino, estudante do dobre grao en Bioloxía e Química e alumna participante do programa Incrúst@te na pasada edición.
O proxecto Incrúst@te busca involucrar o alumnado no proceso de investigación científica e ofrecerlles a oportunidade de que o experimenten de primeira man realizando unhas prácticas experimentais nos laboratorios do centro, co obxectivo de aumentar as vocacións científicas, dar a coñecer as titulacións da Facultade de Ciencias da UDC, visibilizar o traballo do persoal investigadores e o papel da muller na Ciencia. Para iso ofrece a posibilidade a mozos e mozas de entre 14 e 17 anos de que aprendan a investigar no CICA nalgunha das catro grandes áreas (Biotecnoloxía, Medio Ambiente, Novos Materiais e Biomedicina) ás que pertencen os grupos de investigación participantes.
Os días 23/05/2024, 24/05/2024, 25/05/2024
Os días 23/05/2024, 24/05/2024, 25/05/2024
25/05/2024
Dende o 24/05/2024 ata o 25/05/2024
25/05/2024
Dende o 18/05/2024 ata o 25/05/2024
Require inscrición.
25/05/2024
Dende o 18/05/2024 ata o 25/05/2024
Require inscrición.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible