O Concello da Coruña convoca unha consulta pública previa á elaboración do proxecto de modificación da Ordenanza reguladora dos procedementos para a intervención e control na execución das obras, implantación de instalacións e actividades ou servizos.
Para público en xeral
Dende o 13/08/2024 ata o 03/09/2024
Xa rematou
O artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fai referencia á participación da cidadanía no procedemento de elaboración de normas con rango de lei e regulamentos. No seu apartado primeiro establece: "Con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto de lei ou de regulamento, substanciarase unha consulta pública".
Por conseguinte, a cidadanía e as organizacións potencialmente afectadas por esta modificación da ordenanza poderán achegar as súas opinións e suxestións respecto da nova normativa municipal que se prevé aprobar a través deste formulario habilitado na sede electrónica municipal e para iso disporán dun prazo de 15 días hábiles (contado a partir do 13.08.2024 e que finalizará o 03.09.2024, ambos incluídos).
As persoas interesadas poderán acceder á información e ao formulario a través da seguinte ligazón: Acceso á información e formulario de opinións e suxestións para a elaboración do proxecto de modificación da Ordenanza reguladora dos procedementos para a intervención e control na execución das obras, implantación de instalacións e actividades ou servizos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible