Exposición de fotos tomadas a persoas usuarias do Centro Ágora.
Para público en xeral
Dende o 09/06/2017 ata o 30/08/2017
Xa rematou
"Conversas co Ágora" é un proxecto para achegar as persoas usuarias ao centro cultural, fidelizalas e que o fagan aínda máis seu. Unha actividade de ocio cultural, sen restricións de idade, na que durante uns horarios delimitados as/os participantes da actividade serán retratados/as. Propoñemos unha grande instalación empregando a sala central do vestíbulo, a cal constará dun bosque de imaxes.
Conversas co Ágora é un proxecto do fotógrafo coruñés Jacobo Ameneiro que nace da necesidade de poñer en valor o labor social e comunitario que se realiza nos centros culturais -cunha excelente e extensa programación de talleres caracterizados pola diversidade de oferta e pluralidade de persoas usuarias-.
A fascinación de reflectir este labor comunitario leva á creación deste proxecto concibido como unha celebración, unha festa arredor da acción social do retrato; durante todo o mes de maio foron retratadas aquelas persoas que asisten aos talleres do centro e que, ademais, quixeron participar nas conversas.
Este bosque de imaxes fai unha chiscadela á necesidade de traballar en prol da integración racial no centro.
LUGAR:
Centro Ágora. Lugar da Gramela 17
15010 A Coruña
Tel.: 981 189 888

13/03/2026

13/03/2026

Dende o 09/03/2026 ata o 13/03/2026
Dende o 02/03/2026 ata o 07/03/2026
Inscrición presencial na biblioteca

Dende o 09/03/2026 ata o 13/03/2026
Dende o 02/03/2026 ata o 07/03/2026
Inscrición presencial na biblioteca

Dende o 09/03/2026 ata o 13/03/2026
Dende o 02/03/2026 ata o 07/03/2026
Inscrición presencial na biblioteca

13/03/2026
Dende o 06/03/2026 ata o 13/03/2026
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible