Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Corufest 2023 - Menú do día do Colectivo Chamizobellovila

En Menú do Día, o Colectivo #ChamizoBelloVila tece unha historia que compara odio e disidencia, escuridade e luz, tristeza e aceptación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/05/2023

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

10,00 €

Desconto do 20% para Carné Xove, > 65 anos ou persoas desempregadas

Desconto do 25% para familia numerosa

*A documentación que confirme a aplicación do desconto presentarase no despacho de billetes no momento de mercar a entrada e o día do concerto no momento de acceder ao teatro.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

agora@coruna.gal

Chamáronme maricón desde antes de saber o que significaba. Alberte Belo percorre o corredor da vergoña, envolto en fraxilidade. Mentres os discursos de odio contra o colectivo LGTBIQ+ resoan na súa cabeza.

A primeira creación deste colectivo de artistas transita entre as violencias continuadas que sofre o colectivo LGTBIQ+. Xuntos, intentan mostrar unha nova realidade posible, dende a disidencia e o activismo, capaz de romper a norma e creando unha sociedade máis avanzada, máis inclusiva e máis real.

Compañía: Colectivo #CHAMIZOBELLOVILA

Elenco: Alberte Bello

Dirección e dramaturxia: Alberte Bello e Diego Chamizo

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Ágora unicamente os días de espectáculo dende unha hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión