VÁRVARA propón un achegamento feminista ao arquetipo cristián de María Magdalena.
Para público en xeral
11/10/2020
Xa rematou
20.30 h
50 min
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
8,00 €
Descontos para carné xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas: - 20%
Descontos para Familia numerosa: -25%
(É imprescindible mostrar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao teatro)
(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada).
Partindo de lugares aparentemente tan dispares como a cultura valenciana do "bacallau" e a idea mística da éxtase, Bárbara Sánchez encarna a figura da Grande Amante. Como en toda práctica mística, o obxectivo aquí é a unión, a disolución definitiva da distancia. Non queda espazo para a ironía, o sarcasmo e moito menos para o autorreferencial. María Magdalena é a tola exemplar, capaz de baleirarse para encarnar o Amado, capaz de esnaquizar calquera institución patriarcal para afirmar o seu Amor Infinito. Ela fala directamente co seu Dono, elixido libremente. Non hai nin distancia nin intermediarios que vallan. Fronte á imposición capitalista dun modelo de muller privilexiada branca que pode permitir dedicar os seus esforzos para observarse a si mesma, Ela leva a cabo un desaloxo radical, unha baixada consciente e desexada aos cascallos do mundo, a ese lugar desde onde reina o seu Cristo.
Dirección, coreografía e interpretación: Bárbara Sánchez
Dramaturxia: Jaime Conde-Salazar e Bárbara Sánchez
Textos: Bárbara Sánchez e intervencións sobre orixinais de San Juan de la Cruz, Rafael de León, Federico García Lorca, Angélica Liddell, Ingmar Bergman, Marguerite Yourcernar, Javier Melloni, Yesenia Then e Emilio (reputado cañeiro valenciano).
VÁRVARA é unha produción de Bárbara Sánchez.
VENDA DE ENTRADAS
Despacho de billetes Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
Venda telefónica: 662 867 109
Para mercar entradas en liña pique aquí
IMPORTANTE: durante este espectáculo é obrigatorio o uso da máscara desde que se entra ao teatro ata que se sae.
03/05/2024
03/05/2024
04/05/2024
04/05/2024
07/05/2024
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
10/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible