Retratou A Coruña e as súas xentes ao longo de varias décadas, foi un dos fundadores da Sociedade Fotográfica Coruñesa
Para público en xeral
Dende o 18/01/2017 ata o 05/03/2017
Xa rematou
de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 h
Sala de Exposicións do Palacio Municipal. Praza de María Pita 1, Bj. 15001 A Coruña
Francisco Pillado foi un artesán da fotografía e deixou detrás de si centos de negativos, moitos dos cales, positivados, empezaron a saír do arquivo familiar para ser rescatados do esquecemento. Unha parte importante son fotografías da Coruña e as súas xentes, que Francisco Pillado González (A Coruña, 1892-1977) retratou de forma incansable entre os anos vinte e setenta.
Unha Coruña pequena, que empezaba na Cidade Vella e pouco menos que terminaba na praza de Ourense, e que el percorreu unha e mil veces en busca da mellor perspectiva ou a escena costumista máis auténtica. Outras son imaxes familiares. En todas poñía esmero no encadre - ás veces de gran modernidade e beleza formal - e nas sombras.

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible