Espectáculo de danza contemporánea.
Para público en xeral
12/11/2022
Xa rematou
18:00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada: 6,00 €
Abono familiar (3 entradas para a mesma función: 15,00 €) * O abono familiar só se pode mercar no despacho de billetes da Pza. de Ourense e no despacho de billetes do Fórum Metropolitano o día da función (se quedan entradas dispoñibles)
Menores de 3 anos: 2,00 €
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Concello da Coruña
forum@coruna.es
"Cubo" é unha creación que ten orixe na abstracción da figura xeométrica do cub e parte da situación de confinamento que todas e todos vivimos para evocar a amizade, as separacións, a necesidade de descubrir o mundo e a aventura de crecer.
"Cubo" é un xogo e un xoguete cheo de fantasía, humor e poesía visual, destinado ao público infantil e familiar a partir dos 4 anos.
Duración: 45 min
Idioma: galego
Con María Torres e Gonçalo Guerreiro
Dirección: Gonçalo Guerreiro, María Torres e Pablo Sánchez
Venda de entradas
05/05/2024
Dende o 04/05/2024 ata o 05/05/2024
Calendario e proceso de inscrición:
Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.
** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.
Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.
Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.
Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.
Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.
Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.
07/05/2024
Dende o 30/04/2024 ata o 07/05/2024
Require inscrición
07/05/2024
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
08/05/2024
Dende o 02/05/2024 ata o 08/05/2024
Require inscrición.
09/05/2024
Dende o 02/05/2024 ata o 09/05/2024
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible