Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Curso “Fotografía, Xénero e Diversidade”

Formato en liña.Docente: Mariola Mourelo (ffotoeduca)

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/04/2021 ata o 02/06/2021, os mércores

Inscricións:

Dende o 30/03/2021 ata o 16/04/2021

Horario:

18:00 a 20:00 h

Duración:

14 horas

Prezo:

Gratuíto

Organiza:

Espazo municipal das Diversidades do Concello da Coruña.

Contacto:

Teléfono: 981 189 889

mail: espazodiverso@coruna.es

Durante 7 sesións abordaremos a fotografía desde a perspectiva técnica, aprendendo o manexo básico do teu cámara, e desde a teoría e reflexión sobre a imaxe como medio de comunicación e transformación. Coñeceremos a artistas e pensadoras de diferentes partes do mundo para desafiar os límites e barreiras que a sociedade impón, creando novas realidades a través da propia existencia.

Non precisas unha cámara específica, podes utilizar a que teñas en casa e que utilices máis habitualmente. Adaptarémonos aos diferentes tipos, centrándonos nos principios básicos da luz e funcionamento da nosa máquina fotográfica.

Contidos do curso:

Sesión 1: Introdución á alfabetización visual: Ler e escribir imaxes

Sesións 2 e 3: Manexo da cámara fotográfica

Sesión 4: A fotografía e a identidade de xénero e sexual

Sesións 5 e 6: Proceso creativo: como contar historias visuais.

Sesión 7: Conclusións e práctica final.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión