Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

De Vacas en concerto

DE VACAS ten novo espectáculo: REBOVINA DIVAS LIVE

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/01/2024

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (descontos do 20% para Carné Xove, +65 anos e persoas desempregadas; descontos do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deberán facelo con entrada, independentemente da súa idade.

Visten a escena e sácanlles o po ás súas mellores galas para a ocasión.

Flúor, licra e mechas de cores.

Acompañadas dunha iluminación que non ten nada que envexarlle a París, nin a Vigo.

Abren os seus diarios e confesan os seus segredos máis íntimos, rebobinando na historia da infancia cara aos momentos máis luminosos. Bailan os éxitos das súas vidas ao ritmo de petaceta co cú sentado nas cadeiras, e potencian a teatralidade, servíndose de novos elementos escenográficos.

Ás músicas e bases electrónicas súmanselles espectaculares coreografías, seguindo cunha liña de letras que non deixan títere con cabeza. As harmonías de voces e guitarra marcan o carácter dun grupo que explota a enerxía xuvenil ata o extremo, invitándovos a gozar dunha fantasía vintage.

Venda de entradas:

Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h

Venda en liña

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión