O parque de Santa Margarida acolle o Día da Ciencia na Rúa, das 11.00 ás 19.00 horas.
Para público en xeral
06/05/2023
Programa e plano descargables en documentos PDF adxuntos.
Xa rematou
Das 11.00 ás 19.00 horas
Organizado por Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña, Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e Cátedra EMALCSA-UDC. Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia e Innovación.
Un ano máis o parque de Santa Margarida encherase co bulicio científico do Día da Ciencia na Rúa, que este ano chega á súa vixésimo sétima edición. A festa ten como protagonistas principais o alumnado e profesorado de 48 centros educativos de diversas localidades galegas que traen con moita ilusión as actividades e experiencias que prepararon durante meses para convidar a cidadanía a descubrir, aprender e xogar coa ciencia e a tecnoloxía.
Tamén participan coas súas achegas divulgativas numerosas entidades e institucións vinculadas á actividade científica.
O programa inclúe ademais moitas outras actividades e unha xornada de portas abertas nos Museos Científicos Coruñeses. O acceso á Casa das Ciencias e Domus será libre, sen reserva previa e sempre que a capacidade non estea completa.
Para acceder ao Aquarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que se poderá facer cun máximo de 3 días de antelación aquí. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan.
O plano de situación de tendas e actividades pódese consultar no PDF adxunto no recadro superior desta páxina.

Dende o 22/12/2025 ata o 07/01/2026
Abrirase o día 1 de decembro, na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura o formulario para a inscrición.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible