Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Día do Cómic: Presentación de Cinza

Presentación do libro Cinza a cargo de Manel Cráneo e Xavier Alcalá na biblioteca Forum Metropolitano con motivo do Día do Cómic.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/03/2024

Xa rematou

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Duración:

1 hora

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O mércores 20 de marzo ás 19 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano vamos acoller a presentación do cómic Cinza para celebrar o Día do Cómic 2024. No acto contaremos coa presenza de Manel Cráneo e Xavier Alcalá.

Cinza, publicado por Demo Editorialé a adaptación de Manel Cráneo do long-seller A nosa cinza, de Xavier Alcalá, con máis de 80.000 exemplares vendidos. Conta a vida de Xoán, un rapaz criado durante a ditadura franquista, orfo de nai, fillo de médico, de familia galeguista. Durante dez cursos escolares na cidade, con vacacións na aldea, que se vai convertendo nun lugar de moda para o veraneo, vemos a Xoán medrar no duro contexto do seu tempo. Os anos de escola e instituto marcan a transición do neno inocente ao mozo que se ha de enfrontar aos designios da vida para cortar o cordón umbilical coa súa familia.

Cinza e unha obra universal e intemporal chea de referencias polos temas que a vertebran: a morte, o sexo, a amizade, os excesos da relixión e a dureza dun réxime totalitario. A morte asalta o protagonista desde cativo; o sexo xórdelle como premio inalcanzable; a amizade corre paralela a unha violencia que ensombrece a vida do neno e do adolescente; o fundamentalismo relixioso acosa, abafa os sentimentos; imponse a Formación do Espírito Nacional Católico empeñado en agochar o galeguismo.

Acceso libre até completar capacidade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión