Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Día Internacional do Patrimonio Mundial

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/11/2022

Xa rematou

Inscricións:

Apertura de prazo de inscrición: mércores 9 de novembro ás 10.00 h

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

Número de prazas:

Prazas: 15 para cada sesión

Prezo:

Actividades gratuítas con inscrición previa por orde de chamada ata completar a capacidae, no teléfono do Museo: 981 189 850 (de martes a sábado das 10.00 ás 19.30 h)

Xornada de portas abertas das 10.00 ás 19.30 h

  1. Visitas guiadas no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

Hora: 12.00 e 18.00 h

Duración aproximada: 1 h e 15 m

Público: adulto

Prazas: 25 por grupo

2. Talleres infantís:

Achegamento á Cianotipia

Neste taller os/as máis peques coñecerán unha interesante técnica fotográfica: a cianotipia, coa que darán renda solta á súa creatividade. Explicarase o proceso previo e os diferentes pasos para elaborar cada un a súa propia cianotipia sobre papel.

Hora: 12.00 h

Duración aprox.: 2 h

Público: de 6 a 12 anos

Prazas: 15

3. Taller para persoas adultas: 2 sesións

Achegamento á Cianotipia

Nestes talleres para persoas adultas entraremos en contacto coa cianotipia, unha moi interesante e artística técnica fotográfica. Cada asistente deixará voar a súa imaxinación creando a súa propia peza sobre tea (tote bag), coa emulsión fotográfica aplicada previamente, e sobre a que se colocarán diferentes obxectos ou fotografías impresas en acetato.

Hora: 17.00 h

Hora: 19.00 h

Duración aprox.: 1,5 h

Público: adulto

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión